Archivo de la categoría: Actividades

Actividades curso 2015/2016

Xa tendes a vosa disposición no apartado “As Actividades” o novo cadro para este curso.
Dentro das novidades, adiantámosvos que contaremos con novo profesorado na área de inglés, así como unha rebaixa nos prezos respecto a anos anteriores e a inclusión de novidosas actividades.
Tamén contaremos, de luns a venres, cun servizo de ludoteca para axudar á conciliación familiar y laboral das familias.

Polo mantemento das dúas unidades de infantil de tres anos

Na asemblea de membros da comunidade educativa do CEIP Sigüeiro decidiuse comezar unha recollida de sinaturas de apoio ao mantemento das dúas unidades de infantil de tres anos así como enviar un escrito ao Xefe Territorial da Consellaría de Educación.

O texto da recollida é o seguinte:

Os e as abaixo asinantes manifestan o seu apoio á comunidade escolar do CEIP Sigüeiro de Oroso na súa petición de mantemento das dúas unidades de educación infantil de tres anos que debido á falta de matrícula puntual dun ano a administración educativa pon en dúbida.

Os nacementos de nenas e nenos no Concello están ao redor dos 80 todos os anos, e debido a crecemento demográfico do concello este número está en aumento, e a este número temos que sumar que somos un Concello receptor de nova poboación.

Solicitamos a vosa colaboración tanto na recollida de sinaturas, como evidentemente coa vosa propia sinatura.

Para asinar podedes recoller os impresos no Colexio, tanto no edificio de primaria como no de infantil, ou no Centro Cultural. Tamén o atoparedes na seguinte ligazón Sigue leyendo

Actividades para nenas e nenos non pertencentes ao CEIP Sigüeiro

Este ano, tras aprobalo na pasada asemblea do 18 de setembro, ábrese a posibilidade de acceso ás actividades por parte de nenas e nenos non pertencentes ao CEIP Sigüeiro.

Con esto pretendemos abrir a comunidade ás nais e pais das escolas unitarias e do CEIP de Oroso que nos manifestaron o desexo de realizar as actividades connosco.

Posto que non poden ser socias ou socios, algo que tiñamos como requisito, o que si verán, é incrementada a cota das actividades nun 20% para cubrir os seguros e outras gastos que no caso das familias socias queda cuberto coa cota anual.