Quen somos?
É un pracer darvos a benvida á asociación de pais e nais do Colexio CEIP Sigüeiro a todas as familias que se incorporan no presente curso e animarvos a participar en todas as actividades que pensamos para os nosos fillos.
Finalidade
A ANPA “A nosa escola” é unha asociación aconfesional, apartidaria e sen ánimo de lucro. Ten capacidade e personalidade xurídica propias e os nosos fins, entre outros, son mellorar a educación que reciben os nosos fillos en todos os aspectos (educativos, sociais, persoais…), e traballar a favor do mellor funcionamento do colexio, así como o aproveitamento máximo deste.
Contribuímos, ao longo destes anos, a mellorar as infraestruturas e colaboramos activamente cos obxectivos definidos pola Comunidade Escolar en pro da mellora da educación.
Como membros desta xunta directiva, somos conscientes de que se nos brinda a oportunidade de poder mellorar a educación dos nosos fillos así como dialogar, compartir e expresar as nosas ideas e inquietudes. Todos nós somos pais e/ou nais coma vós e, por suposto, traballamos polos nosos fillos, que o merecen e que, efectivamente, desexamos o mellor para eles. É moito o traballo que nos queda por diante e cremos que a vosa colaboración pode ser fundamental.
Para poder conseguir todo o mencionado anteriormente necesitamos as vosas ideas, suxestións, peticións e apoio. De igual xeito, animámosvos a unirvos á Xunta Directiva.
Por qué pertencer á ANPA
- Porque é a nosa responsabilidade educar os nosos fillos e as nosas fillas.
- Pola necesidade de estar unidos para reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
- Porque o movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticions sexan vistos con maior respecto por Administracions públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
- Porque existe un marco legal onde é o noso dereito participar na vida do Centro Escolar.
- Pola importancia de “levar” ao Consello Escolar a presenza dos pais e nais, organizados nas APAs para defender intereses de todos e todas, non individuais.
- Porque se os pais e nais non somos quen de motivarnos pola educación dos nosos fillos e fillas, por quen o faremos?
- Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, como explicarlles aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoais implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
- Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
- Porque a ANPA debe traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
Inscribirse
O presente curso a cota de socio é de 20 €/ano por familia. Esta cota págase dunha soa vez a través de domiciliación bancaria (Banco Pastor conta 0072 0296 06 0000100832), e daravos dereito a inscribir os vosos fillos nas distintas actividades que organicemos sen ter que pagar matrícula por elas. Do mesmo xeito, teredes dereito a ter voz e voto nas asembleas, e participar dunha forma máis próxima na educación dos vosos fillos.
Directiva
-
Presidenta
Isabel Fernández Gallego
-
Secretario
Carlos Rodríguez Pérez
-
Tesoureiro
Rubén Rubio Fidalgo
-
Vocais
Santiago Fernández Anca
Noelia Pardo-Ciorraga Barros
Coro Rodríguez Fontelo